CRTVG

Buscar

Declara ante o xuíz o detido en Taboadela polo intento de homidicio a un brigadista no 2008

Publicado o 30/07/2020 16:06

Presta declaración nos xulgados de Ourense o detido en Taboadela polo intento de homidicio a un brigadista, compañeiros seu, en 2008.

A Garda Civil apresouno 12 anos despois grazas aos avances nas tecnoloxías da investigación, que permitiron ter novos indicios contra el. Considérano responsable de tirotear a vítima nunha estrada local, de noite, tras organizar unha emboscada.

As forzas de seguridade rexistraron onte, ademais, un alpendre e un terreo próximos á casa onde apareceron asasinados os pais do detido só 6 meses despois destes feitos.

O home foi detido xa en dúas ocasións por este crime, aínda que quedou en liberdade por falta de probas. Desta volta, segundo transcendeu, a Garda Civil atopou nas instalacións 10 quilos de marihuana.

Noticias web

30/07/2020