CRTVG

Buscar

Debate na esquerda sobre as fórmulas para concorrer ás autonómicas

Publicado o 16/12/2019 15:09

Podemos non recolle a luva. Aposta pola pluralidade no grupo parlamentario e evita responder á petición de unidade popular que fai Antón Sánchez. O grupo Común da Esquerda evita a proposta de Anova de renunciar a posturas de parte para as autonómicas. Luca Chao dixo que seguirán traballando para conformar alternativas diversas e o máis amplas posibles.

Luis Villares, de En marea, defende a opción de sumar e mesmo se amosa disposto a poñerse baixo unhas siglas novas que aglutinen á esquerda.

O voceiro de En Marea asegura que a Galicia en Común só lle interesa Anova para obter un verniz galeguista con vistas ás autonómicas. Luís Villares abre a porta a unha alianza de forzas progresistas que non dependan de Madrid e que vaia máis aló das siglas.

E dende o BNG lembran que non comparten as alianzas coas forzas estatais e invitan os que queiran a que entren no Bloque. 

Noticias web

16/12/2019

Máis sobre actualidade