CRTVG

Buscar

De novo, as praias no sur de Galicia, cheas de bañistas

Publicado o 11/07/2020 21:32

Leva o megáfono, coma estoutro operario contratado polo Concello de Sanxenxo para lembrar que é necesario afastarse dos outros bañistas e poñer a máscara cando abandonen a praia. Así estaba Silgar ás sete da tarde. De novo, como hai xusto sete días a maioría da xente está á beira do mar e son moi poucas as familias que ocupan esas cuadrículas individuais de catro por catro metros.

E debido ao coronavirus todos os socorristas das praias, tamén neste posto de Silgar que hoxe coordina Xoel, multiplican as súas funcións ao colaboraren a maiores co posto especial anticovid-19.

E así estaba o areal de Samil en Vigo, con menos xente ca un xullo normal, un xullo anterior ao coronavirus pero con moitos parasoles espetados na area e familias gardando, unhas máis ca outras, os dous metros de separación entre elas. E no paseo a carón da praia, entre os máis novos, os que levan a fama de non estar concienciados e non poñer máscara, vimos de todo, adolescentes con e sen.

Noticias web

11/07/2020