CRTVG

Buscar

De la Torra deixa o escano en pleno aluvión de renuncias en Ciudadanos

Publicado o 06/09/2019 14:59

Seguen as renuncias en Ciudadanos. Javier Nart dáse de baixa na formación liderada por Rivera, aínda que vai conservar a súa acta de eurodeputado.

O que si renunciou ao escano é o economista Francisco de la Torre, que xa deixara a executiva no mes de xullo. No día da súa marcha, De la Torre foi moi crítico con Rivera. Dixo que non falaba con el dende antes de deixar a dirección do partido.

Sobre as incesantes baixas no partido, Albert Rivera di que non todo vale en política e recrimínalle a Javier Nart que siga como eurodeputado pese a darse de baixa en Ciudadanos.

 

Noticias web

06/09/2019