CRTVG

Buscar

De zapatos de becerro a tenis, así cambiou o oficio que Lucía herdou de seu pai

Publicado o 25/10/2019 17:07

Hai 14 anos Lucía pediulle a seu pai que lle ensinara o oficio. Díxenlle mira, eu quero traballar isto, se me aprendes e tal e díxome que si, lembra Lucía. Se vas pechar, díxome, quedo eu coa zapatería,  e eu tomeino a coña, conta Jesús, o seu pai.

Ao principio custoume porque isto non é como aparenta; eu pensei que este traballo era máis fácil do que é, confesa Lucía. Os clientes tamén lle dicían, e...zapateira...e tal, di Jesús recordando como cuestionaban que fora unha muller a que facía o traballo.  Este oficio era de home, ou considerábano de home..., di Lucía. Pero aínda así a sua decisión foi firme e hoxe en día o de Lucía é o único negocio deste tipo que segue en activo en Chantada.

Seu pai arranxaba sobre todo os zapatóns de traballo que el mesmo facía con coiro de becerro. Agora Lucía traballa máis os encolados e o calzado deportivo. Ai si! - di Lucía - eu arranxo 'tenis' tamén, eh! É que agora é o que máis andan, cos 'tenis', con esto do colesterol e tal que teñen que andar moito, di con algo de retranca. 

Amáis dos cambios sociais, hai outro factor que Lucía percibe claramente na marcha do negocio. Tamén inflúe moito o tempo, eh! Porque agora xa tiña que facer frío, xa tiñas que estar a tope de traballo, que era o que nós tiñamos antes, pero claro, o tempo está bon, fai sol e a xente non arranxa o calzado.  - Así?, pregunta Lucía. - Perfecto, responde unha clienta. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019