CRTVG

Buscar

David Costas: "Temos que facer o que sexa para gañarlle ao Valencia"

Publicado o 22/08/2019 20:47
Hugo Mallo e Santi Mina recibirán a alta para xogar contra o Valencia

Nos cálculos de David Costas entran dous reforzos para recibir ó Valencia: Hugo Mallo, que deu un cambio imaxe, parece recuperado da lesión muscular que sufriu hai un mes. E Santi Mina incorporouse ó grupo e previsiblemente tamén vai recibir a alta contra o seu ex equipo.

Costas: "Teñen moitas ganas, sobre todo Santi Mina. O mister vai a poder contar con eles"

Maxi Gómez fixo o camiño contrario e tamén virá motivado.

Costas: "Antes era un amigo agora é un rival. Hai que ir con todo"

O Celta, outra vez na casa, necesita sumar os primeiros puntos desta liga. Costas: "Temos outra oportunidade. Temos que facer o que sexa para gañar e demostrar que o equipo vai responder este ano"
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019