CRTVG

Buscar

Danzas tribais en Coles para mellorar a autoestima das mulleres

Publicado o 03/06/2019 20:37

Ademais do compoñente lúdico, a danza é unha ferramenta psicopedagóxica cunha morea de beneficios para o corpo e mente. No centro Ardai Educación e Terapia, no concello ourensán de Coles, empregan a danza tribal para aumentar o apoderamento das mulleres.

Nas leiras da aldea da Telleira, no concello ourensán de Coles, este grupo dunha ducia de mulleres xúntanse para bailar danzas tribais. Tres amnericanas crearon nos anos 60 esta variante da danza do ventre, que mestura estilos de diferentes tribos. Pero, sobre todo, foi creada para que a muller goce do seu propio tempo e espazo.

Axuda a mellorar a autoestima da muller e por iso o Centro Ardai Educación e Terapia ten un programa que xa presentou no Ministerio de Sanidade para incorporar as danzas tribais nas súas intervencións con mulleres vítimas de violencia machista.

O obxectivo é tamén previr a violencia contra as mulleres e crear unha rede estable de apoio para o seu apoderamento persoal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019