CRTVG

Buscar

Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020

Publicado o 05/12/2020 16:25

Xa coñecemos os nomes dos gañadores dos Premios da Cultura Galega 2020 cos que a Xunta recoñece cada ano a excelencia creativa da comunidade

O xurado reuniuse esta mañá na Cidade da Cultura e decidiu galardoar a escritora Ledicia Costas, o fotógrafo Xurxo Lobato, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, a Central Folque, o exdirector da Filmoteca Española, Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González Martínez, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj. 

Noticias web

05/12/2020