CRTVG

Buscar

Dani Giménez: "Cun novo adestrador, sempre cambia a mentalidade dos xogadores"

Publicado o 10/04/2019 17:53

Con Martí chegou aire novo a Abegondo.

Dani Giménez: "Non debería ser así, pero ás veces coa chegada dun adestrador novo cambian radicalmente os adestramentos, a mentalidade dos que non xogan e dos que están xogando".

Xogadores que, son para Dani Giménez, os grandes responsables do acontecido: "É máis fácil botar unha persoa ou un corpo técnico ca a todos os xogadores, pero temos claro que todo o que pasou foi culpa nosa. E tamén o que está por vir vai ser grazas a nós".

Para o porteiro, o escudo motiva máis do que pesa: "Ao revés, ten que ser algo que te motive a gañar todos os partidos. Todo o mundo quere xogar nos mellores equipos e demostrar que está aí por algo".

Con esa mentalidade, pensa o porteiro, nada é imposible aínda: "A Pamplona a gañar e que sexa o comezo de algo bonito, unha remontada que a xente lembre. Eu estou convencido de que conseguiremos o que nos propoñamos".

Partido no campo do líder que podería perder Carlos Fernández, tras un novo problemas muscular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019