CRTVG

Buscar

Dani Cancela deixa Hong Kong temporalmente

Publicado o 05/02/2020 15:16

Dani Cancela é desde hai unha década lateral esquerdo no Kitchee, un dos clubs da primeira división da liga de futbol de Hong Kong, e mesmo xogou coa selección nacional do país asiático. A súa vida está alí a todos os efectos, pero, aproveitando que está de baixa por lesión, chegou a un acordo co club para poder acompañar a súa muller e os tres fillos pequenos ata á Coruña para evitar riscos.

El vai volver de inmediato a Hong Kong, porque a competición segue, aínda que polo momento non se permite a asistencia de público aos estadios.

Noticias web

05/02/2020