CRTVG

Buscar

Dangel prevé transformar 1.200 vehículos cada ano en Vigo

Publicado o 12/11/2020 14:40

Levan corenta anos como socios, pero PSA Vigo e a empresa Dangel, acurtan distancias e dan un paso máis a nivel tecnolóxico e comercial para seguir adaptando coches da marca en auténticos 4x4. Bastaron dous anos de negociacións para facer realidade un proxecto que xa conta cunha sede na Zona Franca de Vigo. Unha decisión medioambiental e económica.

Outras das razóns para esta localización é estratéxica. A Zona Franca é un punto clave para as exportacións fóra da Unión Europea.

De aquí a final de ano transformarán uns cen coches de PSA. É dicir, superarán o millar o vindeiro ano. Arestora son catro operarios nesta nova planta pero haberá novas contratacións, é dicir, dez máis dando vida a un proxecto materializado en tempo récord.

Noticias web

12/11/2020