CRTVG

Buscar

Daddy Yankee e Liam Gallagher, nun Son do Camiño para todos os gustos

Publicado o 06/03/2020 15:18

O cartel do Son do Camiño vén con propostas para todos os gustos e idades. Estrelas internacionais como Daddy Yankee, Liam Gallagher ou The National compartirán escenario con 15 artistas galegos entre o 18 e o 20 de xuño en Santiago.

Rockeira, electrónica e reguetoneira. Así de variada se presenta a terceira edición do Son do Camiño. Do ritmos latinos de Bad Bunny e Daddy Yankee ás guitarras de Liam Gallagher e The National, pasando polos sintetizadores dos Chemical Brothers. Neste cartel hai sitio para todas as idades e gustos.

Agardan uns 100.000 asistentes nun festival de tres días, con tres escenarios e máis artistas galegos ca nunca.

A venda dos primeiros abonos, cun prezo de lanzamento de 59 euros, comeza o martes 10 de marzo. As pasadas edicións esgotáronse en poucas horas, así que non perdan de vista a gran cita musical do verán.








 

Noticias web

06/03/2020