CRTVG

Buscar

Dada de alta a cativa que volveu dar positivo nunha PCR

Publicado o 09/06/2020 20:37

Xa lle deron a alta á nena que estaba ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario de Ourense.

A cativa de dous anos xa pasara a covid-19, igual que a súa familia, hai un mes. Os pais levárona a urxencias ao CHUO a semana pasada con febre e diarrea e quedou ingresada por unha infección bacteriana.

Ao facerlle a PCR deu positivo. Segundo os médicos, isto non significa que se volvese reinfectar senón que aínda quedaban trazas do virus inactivo no seu corpo. A meniña xa está recuperada na súa casa.

Noticias web

09/06/2020