CRTVG

Buscar

Curturgal abre en Pontevedra, con actividades para todos os públicos

Publicado o 29/11/2019 15:44

Curturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, abriu esta mañá as portas da súa décimo segunda edición.

Durante tres días o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá os profesionais do sector, dispostos a presentar o seu traballo a un público ávido de coñecer as últimas novidades en eidos como o editorial, o audiovisual e o artístico.

Un escaparate do presente e do futuro que programa actividades, obradoiros e espectáculos para todas as idades.

Noticias web

29/11/2019