CRTVG

Buscar

Curso de condución segura para motoristas

Publicado o 30/09/2019 10:42

 

 

A seguridade nas estradas é unha das preocupacións dos moteiros, como demostra o feito de que os cursos de condución para este colectivo teñan unha gran demanda. A Escola Nacional de Condución de Motocicletas organizou hoxe unha xornada para 40 participantes. As prazas cubríronse decontado, pero o número de solicitudes chegou ás 700 persoas.

Son todos pilotos experimentados pero hoxe, en Samil, aprenderon algo.

A Escola Nacional de Condución de Motocicletas e a Consellería de Infraestrutuas e Mobilidade organizan estes cursos de condución segura en que, ademais de mellorar o control da moto, os participantes aprenden a xestionar as emocións cando pilotan.

A lista de agarda en Vigo chegou ás 700 persoas para 40 prazas ofertadas, polo que anuncian novas convocatorias en toda Galicia para a próxima primavera. Nas cinco edicións que se levan organizando, xa participaron 800 motoristas.

 

Noticias web

30/09/2019