CRTVG

Buscar

Os mozos aprenden en Cuntis as saídas laborais da animación e dos videoxogos

Publicado o 04/09/2019 13:20

Dez rapaces, de entre 13 e 17 anos, achegáronse á aula CeMIT de Cuntis para ter o seu primeiro contacto co mundo da animación, dos efectos virtuais e da realidade virtual. Durante a xornada, as mozas e mozos descubriron o amplo abano de saídas laborais que agocha este mundo virtual.

Manuel Meijide, director do Festival Internacional Mundos Digitales, afirmou que o obxectivo do obradoiro era transmitirlles aos máis novos as posibilidades que hai a través da creación de novos contidos dixitais tanto no entretemento como noutras áreas da industria.

Por outra banda, Víctor Galdo, responsable da Aula CeMIT de Cuntis, engadiu que "son boas iniciativas para que os mozos aprendan".

Desta maneira, as mozas e mozos de Cuntis saíron da aula cunha visión totalmente renovada das múltiples aplicacións do mundo virtual.

Noticias web

04/09/2019