CRTVG

Buscar

Cunha incidencia récord en Europa, Bélxica pecha un mes os comercios non esenciais

Publicado o 02/11/2020 08:10

Bélxica pecha durante un mes os comercios non esenciais para frear os contaxios por covid−19. A medida, anunciada este venres, reforza o toque de recoller nocturno e o peche da hostalería e das actividades culturais e deportivas. Ademais, as vacacións escolares prolónganse ata mediados de novembro. Bélxica é o país europeo máis afectado pola segunda vaga de coronavirus, cunha incidencia acumulada de 1.600 casos por 100.000 habitantes. En España é de 485.

Noticias web

02/11/2020