CRTVG

Buscar

Cúmprense sete anos da desaparición do taxista ourensán Elías Carrera

Publicado o 17/07/2020 19:56

Tal día coma hoxe hai sete anos Elías Carrera saíu da casa despois de comer coas súas fillas. Non levou con el nin a documentación, nin o teléfono móbil. Foia ata a estación de trens de Ourense, alí alugou un coche que deixou pouco despois na estación de tren de Vigo. E aí pérdeselle a pista. Sete anos despois nada se sabe do seu paradoiro.

Elías era taxista en Ourense, no momento da súa desaparición tiña 61 anos. A súa familia era consciente de que pasaba por un momento anímico baixo, pero ninguén imaxinaba que puidera marchar sen deixar rastro, nen dar explicacións. Neste tempo a familia recibiu varias chamadas con posibles pistas do seu paradoiro, pero ningunha con resultado positivo.

Din que malia que o día a día a día é cada vez máis difícil, manteñen intacta a esperanza de atopalo, e rematar cun pesadelo que dura xa sete anos.


 

Noticias web

17/07/2020