CRTVG

Buscar

Cúmprense 8 días da desaparición dos dous mozos de Noia tras envorcar o kaiak en que saíran ao mar

Publicado o 14/07/2020 14:49

Cúmprense 8 días da desaparición de Miguel Quan e Javier Hurtado tras envorcar o kaiak co que saíran ao mar en Porto do Son.

Tras varias xornadas de intensa busca por terra, mar e aire, sen resultados, o dispositivo quedou suspendido na fin de semana á espera de que sexa o mar o que devolva os corpos dos dous mozos noieses. Unha situación que, tal e como asegura a xente do mar, podería ocorrer a partir de mañá, cando se cumpren os 9 días do suceso. Por iso a confraría de pescadores de Noia mobilizará todos os seus membros para que mañá se despracen coas súas embarcacións cara á zona onde desapareceron os mozos.

Unha iniciativa á que tamén se sumarán os membros da confraría de Porto do Son, tal e como confirmou o seu patrón maior, Emilio Queiruga. O obxectivo é ter cuberta a maior zona posible ante a posibilidade de que os corpos saian á superficie.

Javier Hurtado e Miguel Quan desaparaceron na tarde do luns 6 de xullo tras envorcar o kaiak en que ían xunto a unha amiga, que conseguiu poñerse a salvo, saíron desde Porto do Son cara á illa da Creba. Unha travesía truncada polo vento e polo mal estado do mar que fixo envorcar o kaiak ata en dúas ocasións sen que os mozos puideran recuperalo.

 

Noticias web

14/07/2020