CRTVG

Buscar

Fai 30 anos do Nobel de literatura de Camilo José Cela

Publicado o 10/12/2019 15:32

10 de decembro de 1989. España acaba de celebrar unhas eleccións xerais e presidía, por primeira vez, a Unión Europea. En Estocolmo, Camilo José Cela convertíase no último Nobel español e no primeiro Nobel galego. O conselleiro de Cultura destaca que Cela foi un home xeneroso con Galicia, á que fixo unha gran doazón deixando en Padrón o seu legado literario.

E precisamente en Padrón, na Fundación que leva o seu nome, fíxoselle este martes unha homenaxe, un acto en que se lembrou o momento en que o rei de Suecia lle impoñía a medalla que acompaña o premio e onde se lembrou, tamén, a mobilización do todo un pobo co seu fillo máis ilustre.

"Foi un grande observador, asegura Román Rodríguez, cunha enorme ironía e unha gran facilidade para o manexo da linguaxe".

A Universidade CJC, que el fundou, fixo pública esta pequena parte da súa obra, coincidindo co trixesimo aniversario do Nobel. Trátase duns manuscritos, inéditos, cheos de borranchos e correccións, onde escribiu algúns dos seus artigos xornalísticos.

Adolfo Sotelo, director da Cátedra CJC de Estudos Hispánicos, destaca que estes manuscritos veñen confirmar que Cela poñía o mesmo interese na elaboración das suas novelas que nos artigos para un xornal. Os manuscritos permanecerán expostos na universidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019