CRTVG

Buscar

Cultura asina un convenio con 11 concellos para impulsar o Camiño Francés

Publicado o 26/02/2020 15:49
Cultura asina un convenio con 11 concellos para impulsar o Camiño Francés

Os once concellos polos que pasa o Camiño Francés en Galicia traballarán de forma coordinada no coidado e a promoción da ruta. Farano co apoio da Consellería de Cultura, coa que asinaron un convenio para actuacións de mellora paisaxística, acollida de peregrinos ou conservación do patrimonio. O acordo enmárcase no programa Camiño Sustentable e conta cunha dotación dun millón de euros.

Noticias web

26/02/2020