CRTVG

Buscar

O profesor de Pontevedra investigado por abusos sexuais xa acumula catro denuncias

Publicado o 09/06/2020 13:33

A Policía Nacional de Pontevedra recibiu xa a cuarta denuncia contra o profesor detido por presuntos abusos sexuais ás súas alumnas, todas elas menores de idade.

Os feitos puxéronse en coñecemento do xulgado despois da detención do home a pasada semana e foron cualificados provisonalmente como supostos delitos de acoso e abusos sexuais.

Tras a súa detención, o imputado quedou en liberdade á espera de que avancen as investigacións. Fontes policiais apuntan que podería haber máis denuncias nos próximos días.

Noticias web

09/06/2020