CRTVG

Buscar

Críticas da oposición á xestión do Goberno local da Coruña nun pleno polémico

Publicado o 12/11/2020 15:57

Ían debaterse as taxas municipais, pero o primeiro pleno na Coruña sen Eva Martínez Acón como concelleira de Emprego tras a destitución por parte da alcaldesa derivou nunha serie de críticas por parte da oposición.

Non quixeron entrar na polémica aberta nin a alcaldesa, Inés Rey, nin o voceiro do grupo socialista, que si quixo marcar distancias coa etapa de goberno da Marea Atlántica.

O pleno aprobou finalmente unha rebaixa das taxas a hostaleiros e ás obras de rehabilitación na cidade.

Noticias web

12/11/2020