CRTVG

Buscar

Críticas ao euroescéptico Rees-Mogg por deitarse no escano

Publicado o 04/09/2019 16:02

O peche do Parlamento pode impedir unha moción de censura, pero a opción da convocatoria electoral non gusta aos laboristas, que non teñen boas expectativas. Segue aberto, pois, un labirinto de opcións e estratexias que non semella preocupar moito a este deputado conservador, Jacob Rees-Mogg, un coñecido euroescéptico. Practicamente, deitouse no escano durante o debate. A súa displiciencia foi moi criticada.

"A personificación da arrogancia, dos privilexios e da falta de respecto polo Parlamento", reprochoulle unha deputada laborista. Mentres, proliferaban en Twitter centos de memes facendo mofa da postura.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019