CRTVG

Buscar

Crece o número de mulleres na Mariña Civil

Publicado o 26/09/2019 17:55

A presenza da muller nas expedicións marítimas ten o nome dunha galega. Isabel Barreto, pontevedresa, foi no século XVI a primeira almirante polos mares do sur. Logo houbo que esperar ata a transición democrática, o ano 1979 para que a incorporación da muller aos estudos de náutica se fora normalizando. Hoxe mulleres coma Rebeca, operadora de tráfico marítimo, ou Nuria, xefa do distrito marítimo de Bueu, desempeñan con éxito a súa profesión.

Nas escolas de Náutica á presenza de mulleres supera o 30% pero o obxectivo é seguir aumentando estes datos dando visibilidade ás súas saídas laborais.

Hoxe celébrase o Día Marítimo Mundial dedicado á preseza da muller neste sector, tradicionalmente masculino.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019