CRTVG

Buscar

Superada a barreira dos 2.000 falecidos por causa do coronavirus

Publicado o 19/02/2020 07:56

O coronavirus causou xa máis de dous mil mortos, e Hong Kong rexistra o seu segundo falecido.
Agora as autoridades sanitarias chinesas din que os ambientes pechados poden aumentar o risco de infección, aínda que manteñen o contacto estreito como causa principal de contaxio.

Esta madrugada comezaron a desembarcar os pasaxeiros do cruceiro en corentena no Xapón, e agárdase que baixen durante toda a xornada unhas cincocentas persoas. Dende mañá, os cidadáns chineses terán prohibida a súa entrada en Rusia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020