CRTVG

Buscar

Corme, A Guarda e Vigo viven esta fin de semana as súas festas gastronómicas

Publicado o 06/07/2019 21:07


Das rochas do Roncudo, directos ao prato... na festa de Corme, unha celebración que comezou hai máis de 20 anos e que foi a primeira festa do percebe que se celebrou en España.
Estes días xa puidemos ver os percebeiros apañando este manxar. Dicían que hai moito que recoller e de boa calidade. Diso daban boa conta este sábado os comensais...
E como os sabores mariñeiros conquistan a todos, tampouco pode faltar a langosta, a raíña da festa da Guarda.
Ao redor do produto principal, os cociñeiros da vila organizan un festín de mariscos.

E mentres en Vigo, millleiros de visitantes tamén saborean o mellor do mar no Seafest.
Os peixes que chegan á lonxa convértense aquí en propostas gastronómicas sorprendentes.
Quenlla, rapante, lura, raia ou pescada afumada son algúns dos petiscos que se poden probar a prezos accesibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019