CRTVG

Buscar

Corenta embarcación de Cambados limpan os fondos mentras faenan

Publicado o 02/12/2019 13:45

Corenta embarcacións de Cambados, fundamentalmente da frota que vai á vieira, saíron a faenar e recoller lixo. Colaboran no proxecto CleanAtlantic, en que participarn cinco países europeos. Servirá para crear protocolos de recollida de lixo para a súa xestión nos portos nos buques pesqueiros. 

Van localizar e retirar lixo do fondo mariño mentras traballan. Despois meterano nestes sacos a bordo de cada embarcación. Para facilitar a recollida, un barco bateeiro actúa como plataforma intermedia de depósito deses sacos, que serán pesados e posteriormente levados á terra para a súa correcta xestión.

"Por un lado mirar cal é a mellor arte de pesca, para esta pesca de lixo. Hai un mes fíxose co bou de vara na campaña de volandeira, hoxe faise con rastro de vieira. É ver cada arte, a que mellor se da e que tipo de lixo pesca cada arte. Por outro lado estudar, caracterizar os residuos, ver cal é a cantidade destos residuos, ter concienciación tamén, fomentar a concienciación, e despois tamén recuperara aparello de pesca que se preden ou que se desbotan", explica Covadonga Salgado, directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

O proxecto Clean Atlantic no que sen enmarca esta recollida de lixo no mar comexou en setembro 2017 e rematará en agosto de 2020. Participan España, Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido.
 

Noticias web

02/12/2019