Abre as súas portas Conxemar, o maior escaparate do conxelado
Arranca en Vigo Conxemar, a maior feira de España de produtos do mar conxelados e unha das máis importantes do mundo. Na edición deste ano a ollada está posta nos efectos do brexit no sector e no anuncio de que se traslada a Barcelona a maior feira mundial de pesca, que ata agora se facía en Bruxelas.
O ministro de Pesca e Feijóo comprometeron hoxe o seu apoio a Conxemar. O presidente dixo que se teñen licenza municipal a Xunta ampliará o recinto para garantir a súa continuidade.
Aposta pola innovación no sector
Carmiña e Federico, así foron bautizaron os dous exemplares de polbo polo grupo de investigadores que traballa no proxecto da cría desta especie en cautividade na Armadora Pereira. Teñen 350 días de vida e convertéronse no centro das miradas desta edición de Conxemar.
As empresas apostan pola investigación e tamén polo consumidor. Ofrecer productos cada vez máis específicos e receitas que ofrecen novas texturas e sabores.
As novidades en maquinaria tamén están presentes na feira, como unha envasadora, a única do mercado que envasa en skin.
Showcookings, degustacións e conferencias completan a oferta desta edición.