CRTVG

Buscar

Convocan para unha mesa electoral un ourensán que leva seis anos desaparecido

Publicado o 28/10/2019 19:57

Elías Carrera, taxista de Ourense, tiña 61 anos cando desapareceu. O único que se sabe del é que alugou un coche na estación de tren e entregouno en Vigo. Foi o 17 de xullo de 2013. Seis anos despois, a súa familia recibe na casa unha carta convocándoo para unha mesa electoral.

As fillas e a muller de Elías Carrera nunca perderon a esperanza de atopalo con vida. Recibiron chamadas ofrecendo pistas, pero ningunha levou ao seu paradoiro.

Hoxe fixeron os trámites precisos para xustificar a ausencia de Elías na mesa electoral o 10 de novembro.

Noticias web

28/10/2019

Máis sobre Ourense