CRTVG

Buscar

Controlados os incendios da fin de semana

Publicado o 15/09/2019 22:41

Na fin de semana arderon en Galicia case 670 hectáreas, na súa maior parte de superficie forestal.
O incendio máis importante foi o da Gudiña, en Ourense, en que se queimaron 380 hectáreas. Entrou procedente de Portugal. Arestora está controlado.

En Quiroga, na provincia de Lugo, outros dous incendios arrasaron 200 hectáreas. Afectou as parroquias do Hospital e A Enciñeira. Comezaron de madrugada, o que dificultou traballar na súa extinción.

Non foron os únicos nos que a noite e o vento se aliaron a favor do lume. Desde a Xunta alertan da intencionalidade destes incendios.

Segundo a información da Consellería do Medio Rural, o incendio de Riós que arrasou case 52 hectáreas en Navallo xa está controlado, o mesmo que o de Chandrexa de Queixa, tamén en Ourense, no que arderon 18 hectáreas. O de Val de Dubra xa está extinguido.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019