CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Lobios en que faleceu o piloto do hidroavión

Publicado o 11/08/2020 20:47
Controlado o incendio de Lobios en que faleceu o piloto do hidroavión

Medio Rural dá por controlado o incendio rexistrado no concello de Lobios, en que faleceu o piloto dun hidroavión a fin de semana pasada. 

As lapas arrasaron aquí, polo de agora, 420 hectáreas do parque natural Baixa Limia Serra do Xurés. No mesmo espazo protexido quedou extinguido o incendio da parroquia de Requiás, no concello de Muíños, onde arderon case 50 hectáreas. Tamén están xa extinguidos os incendios de Lobeira, tamén no parque natural do Xurés, o de Toén e o de Chandrexa de Queixa, con case 250 hectáreas de monte afectado polas lapas.