CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa tras arrasar 40 hectáreas

Publicado o 11/10/2019 20:12
Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa tras arrasar 40 hectáreas

O incendio forestal orixinado no municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), concretamente no lugar de Requeixo, queimou xa máis de corenta hectáreas, segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural. O lume comezou oito minutos despois das catro da tarde deste venres e quedou controlado ás oito menos vinte. No lugar traballan, informou a Xunta nun comunicado, dous axentes, 17 brigadas, dúas motobombas, dúas pas, 11 helicópteros e catro avións

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí