CRTVG

Buscar

O Goberno acudirá aos tribunais se Murcia non retira antes dun mes o veto parental

Publicado o 20/01/2020 21:38

Ultimato do Goberno a Murcia. Dálle un mes para que retire o pin parental. Se non o fan, acudirán aos tribunais. O presidente de Murcia di que non vai recortar dereitos dos pais polas ameazas de Pedro Sánchez.

A delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, de Podemos, propuxo a aplicación do 155 para quitarlle a Murcia as competencias en Educación. Tras as críticas por este proposta, matizouna dicindo que se trataba dunha ironía.  

Unidas Podemos cre que a medida busca perseguir os docentes.

O Sindicato de Estudantes convocou folga xeral contra o pin parental o seis de marzo.

O debate sobre o pin parental tamén chegou ao Parlamento de Galicia. Alberto Núñez Feijóo acusa o Goberno central de dobre vara de medir. Cre que intervén a educación en Murcia mentres desoe a desobediencia sistemática de Cataluña.

 

Noticias web

20/01/2020