Controis policiais en Barcelona contra os botellóns
Publicado o 04/10/2020 15:06
As fins de semana seguen asociadas a ocio nocturno. Festas privadas e botellóns en espazos públicos aumentan os riscos de contaxios. Ante esta realidade, aumentan tamén os controis policiais para minimizar eses riscos.
Un exemplo é esta operación da Garda Urbana no centro de Barcelona, onde se concentraban centos de mozos esta noite. Identificaron varias ducias que non respectaban as medidas de seguridade e propuxeron sancións para aqueles que eran reincidentes.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 17:15
14/04/2021 17:11