CRTVG

Buscar

Intensifican os controis para evitar desprazamentos na fin de semana

Publicado o 25/04/2020 14:50

Circular pola denominada ruta do sol entre Pontevedra e Sanxenxo convértese hoxe en misión imposible para aqueles que non posúan unha xustificación clara. Só no termo municipal de Poio atopamos dous controis, un da policía local á altura do pazo Besada e outro na rotonda de Samieira xestionado pola Garda Civil. Non houbo sobresaltos, segundo nos din. Todos os que circulaban podían facelo.

Porén, nesta localidade costeira moitos consideran que a poboación medrou pouco antes de Semana Santa. María Xosé ponnos como exemplo que desde antes da Semana Santa nunca atopa aparcamento a carón da farmacia. Tamén teñen esa impresión outros residentes na localidade.

O control tamén se está a facer nas saídas das grandes cidades por autovías e autoestradas, a Policía Nacional despregou na tarde de onte este completo operativo para evitar a operación saída da fin de semana. Entre todas as escusas que os axentes están a escoitar estes días unha muller alegou que ía ao enterro da súa nai, cando esta xa levaba soterrada un mes.


 

Noticias web

25/04/2020