CRTVG

Buscar

Continúan os traballos para recuperar o aparello do Sin Querer Dos

Publicado o 09/07/2019 16:23
Continúan os traballos para recuperar o aparello do Sin Querer Dos

Logo de que fora recuperado parte do aparello do Sin Querer Dos na zona onde se afundiu o barco en decembro, hoxe continúan alí os traballos para tentar retirar máis redes. O buque Irmáns García Nodal, de Gardacostas de Galicia, desprazouse ata a zona do Profundo nun operativo coordinado por Salvamento Marítimo, que ten tamén mergulladores preparados para intervir se fose necesario. Ademais, o avión Sasemar 1 sobrevoa a zona.

Noticias web

09/07/2019