CRTVG

Buscar

Continúan os labores de busca do home desaparecido en Esteiro o martes

Publicado o 18/01/2019 14:20

Continúan os labores de busca de Juan Rodríguez Caamaño en Esteiro. Os equipos de rastrexo volven peitear as zonas clave de Muros nesta desaparición.

A Juan perdéuselle de vista o martes á tarde, e de momento só apareceron as súas zapatillas. Ten 60 anos, e sospéitase que se desorientou e se puxo a camiñar sen rumbo.

Nos labores de hoxe volve participar o helicóptero e cans adestrados na busca de persoas. Veciños e voluntarios tamén están axudando no dispositivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019