CRTVG

Buscar

Continúan coas denuncias para acabar co botellón no barrio de Orzán na Coruña

Publicado o 13/09/2019 15:07

Á primeira hora da mañá, os varredores afanábanse en adecentar a rúa Vista, no barrio do Orzán, malia que, segundo os veciños, non houbo tanto problema coma outras noites.

"Para ser xoves, non houbo moito, pero hoxe imaxino que si. Amais xa comezou a universidade e iso vaise notar...", din os veciños.

Están fartos de chamar a policía e de que o seu problema non se solucione, así que decidiron seguir coas súas queixas. E fano por escrito perante o rexistro municipal. Cada semana presentan arredor dunha decena.

Consuelo Rodríguez, secretaria da Asociación de Veciños do Orzán: "Si, si, si... Todos os días. É que non se pode vivir".

Cren que a solución pasaría por que os locais pechasen máis cedo.

"Deberían pechar ás dez...".

Porque din que tenen dereito ao descanso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019