CRTVG

Buscar

Continúan as reaccións á sentenza do Tribunal Supremo sobre o caso da Manada

Publicado o 22/06/2019 14:47

A defensa da Manada recurrirá ao Tribunal Constitucional pola sentenza por violación que onte ditaba o Supremo. O avogado dos detidos agarda a coñecer os detalles da sentenza, pero dá por feito o recurso. 

Esta foi a primeira noite en prisión dos cinco membros da Manada logo de que o Supremo elevara a condena a quince anos de cadea. Revoga as sentenzas dos tribunais navarros, e di que non foi un abuso sexual senón unha violación e considera que a Manada perpetrou cando menos dez e non unha soa agresión continuada.

Polo momento, os cinco detidos están no cárcere Sevilla 1, pero a partir de agora haberá que determinar onde cumprirán a condena definitiva. Por arraigo, poderían elixir entre o cárcere de Morón de la Frontera ou a Prisión Provincial de Huelva.

Entrementres continúan as reaccións ao ditame, para o ministro do Interior a decisión do Supremo xera seguridade xurídica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019