CRTVG

Buscar

Continúa a tirapuxa entre a Xunta e o Goberno sobre os prazos do AVE

Publicado o 04/03/2020 15:15

Segue a tirapuxa entre os gobernos Central e o Autonómico polos prazos da chegada da alta velocidade a Galicia. Onte o ministro de Transportes evitou concretar unha data e dixo que é optimista. Hoxe a conselleira de Infraestruturas pide explicacións polos incumprimentos no remate das obras que Ábalos anunciou para finais de 2019. Ethel Vázquez lembrou as principais demandas da Xunta de Galicia en relación co AVE.

AP-9

Son as declaracións de Ethel Vázquez nun acto cos construtores galegos en que tamén anunciou que a Xunta irá ao Consello Consultivo para que avalíe os beneficios da concesionaria da AP-9. Dixo que acoden a este órgano porque o Goberno de España nin os recibe nin escoita as súas propostas para paliar as subas das peaxes nesta autoestrada. 

Noticias web

04/03/2020