CRTVG

Buscar

Continúa activo o incendio nunha planta de compostaxe de Arteixo

Publicado o 31/10/2019 14:39

Aínda segue activo o incendio que nas últimas horas se declaraba na planta de compostaxe de Figueroa, no concello coruñés de Arteixo. Segundo os bombeiros, haberá que agardar un tempo ata que se extinga por completo.

A proba é a columna de fume que está a provocar, visible dende distintos puntos do municipio, pola alta temperatura que mantén a masa de residuos orgánicos que se acumulan na planta.

Foi un particular o que alertou o 112 Galicia do incendio. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Arteixo e efectivos da Policía Local. A pesar da aparatosidade do incendio, ás poucas horas quedou xa controlado.

Investíganse as causas, pero todo apunta a que puido deberse a unha combustión espontánea dos residuos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019

Máis sobre arteixo

U.D. Ourense 1 - 0 Paiosaco
20/01/2020 13:04