CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Almonaster la Real, en Huelva

Publicado o 31/08/2020 10:33

Medios aéreos e terrestres traballan agora para controlar o lume, que desde o xoves obrigou a abandonar as súas vivendas a preto de 3.200 veciños de seis concellos.

O grupo máis numeroso de desaloxados fórmano 260 veciños de La Zarza que pasaron a noite no polideportivo e noutros locais do Cerro de Andévalo.

Os labores de extinción foron moi difíciles polo escarpado do terreo e sobre todo polo vento, moi cambiante e con fortes refachos, que só onte comezou a amainar.
 

 

 

 

Noticias web

31/08/2020