CRTVG

Buscar

Continúa a busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio do Marsua J, preto das illas Cíes

Publicado o 27/02/2020 14:33

Continúa a busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio do Marsua J, preto das illas Cíes. Ata o momento non houbo novidades.

En terra poñen a punto as súas embarcacións para saír ao mar en canto o tempo o permita. É o que os compañeiros do patrón do Marsua J fixeron dende o momento da súa desaparición. Compañeiros e amigos dende a infancia coma Varela, que, emocionado, nos explicaba que o mesmo que os separa, o mar, tamén os une en momentos coma este.

As que si puideron continuar nesta cuarta xornada a busca foron as embarcacións de Salvamento Marítimo e da Garda Civil, que inspeccionaron a zona exterior e interior das illas Cíes. Alí colaboraron con eles estes días mariñeiros de Vigo e de Baiona.

Tamén continúa a busca por terra, onde efectivos da Policía Local, Garda Civil e Proteccion Civil peitean a costa, e por aire, co helicóptero da Garda Civil que sobrevoa a zona do naufraxio. Buscan calquera pista que permita atopar o desaparecido. Son tarefas complicadas que dependen moito das correntes.

Está previsto que permaneza activo ata que a luz do día o permita un dispositivo que, polo de agora, non deu resultados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020