CRTVG

Buscar

Contabilízanse 434 usuarios contaxiados nas residencias galegas

Publicado o 23/01/2021 15:30

Estabilízase a situación nos centros de maiores da comunidade, que rexistran este sábado un lixeiro descenso no número de positivos. Hai 434 usuarios contaxiados, catro menos ca onte, e 221 traballadores, tres menos ca no día anterior. Con todo, houbo un ascenso importante dos positivos na residencia DomusVi de Carballo, que suma 18 casos novos e pasa a ter máis de 80 positivos. Sería a segunda de Galicia con maior número de casos. A de maior incidencia segue a ser a residencia do concello ourensán de Leiro. Tamén o centro Mi Casa de Pazos de Borbén, que sumou este sábado 11 novos contaxios nas últimas 24 horas.

Noticias web

23/01/2021