"Conta con nós" é o lema escollido pola coalición de Podemos e EU
"Conta con nós" é o lema para a campaña da eleccións xerais de En Común, a confluencia galega de Unidas Podemos. Presentárono os cabeza de lista das catro provincias.
Antón Gómez-Reino, candidato pola Coruña, dixo que a repetición electoral é unha nova oportunidade para Galicia "tras a irresponsabilidade manifesta do Partido Socialista".
E Yolanda Díaz, que encabeza a candidatura de Pontevedra, apuntou que é importante que En Común obteña representación para que o resto de partidos, dixo, asuman que Galicia "conta no Estado".
"Saímos con forza porque Galicia precísanos e Galicia pode contar con nós. Teñen que durmir mal os que hoxe están esclavizando ás nosas xentes, por iso saímos con ánimo, con forza e coa razón das ideas", asegura Yolanda Díaz de En Común Unidas Podemos.