CRTVG

Buscar

Conta atrás na central das Pontes para a data límite de 2022

Publicado o 09/12/2019 14:42

A central térmica das Pontes salvárase da primeira selección de peche que fixera Endesa e chegaron a investir nela máis de 200 millóns para facela menos contaminante. Pero os custos de producir electricidade con carbón seguiron subindo, hai tempo que a central non funciona a plena actividade e finalmente a empresa decidiu que non lle compensa mantela aberta. E puxéronlle data de caducidade: antes de que remate o 2022.

De momento, sen plan alternativo. Están probando con lodos e outros combustibles a posibilidade de manter a actividade eléctrica pero os resultados son incertos. E tamén o futuro inmediato de 700 familias.

Traballadores directos e indirectos, como os transportistas, que levaban o carbón dende o porto de Ferrol e moitos deles investiran, ademais, en vehículos menos contaminantes para adaptarse aos plans de Endesa. Mañá volven saír á rúa para reivindicar que se manteñan os empregos.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019