CRTVG

Buscar

Dous días de loito en Nigrán tras morrer unha nena afogada nunha piscina

Publicado o 18/06/2019 19:26

A traxedia estase cebando co sur de Galicia en forma de accidentes mortais de nenos pequenos en piscinas.

As bandeiras do Concello de Nigrán están a media hasta en sinal de loito polo falecemento dunha das súas veciñas, de só tres anos de idade. A pequena morreu afogada na piscina duns veciños situada na parcela lindeira á casa onde vivía, na parroquia de Camos. Ao parecer, a nena percorreu os escasos metros que separan as dúas vivendas, subiu varios chanzos da escaleira que tiña a piscina prefabricada e precipitouse no seu interior. Unha curmá atopouna pouco despois de botala en falta. Foi un tráxico accidente. Para evitalos, os expertos recomendan seguir algúns consellos.

Unha desgraza que non se puido evitar en Nigrán. Alí un veciño tentou socorrer a pequena ata a chegada do helicóptero do 112 e dos servizos de emerxencia, que trataron de reanimala por espazo dunha hora, sen conseguilo. Hai unha investigacion polical aberta, pero todo apunta a un desgraciado accidente. O Concello de Nigrán decretou dous días de loito oficial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019