CRTVG

Buscar

Conmoción en Burela despois da morte dun neno de 13 anos ás portas do instituto

Publicado o 05/11/2019 14:38

No IES Monte Castelo de Burela tratan de volver á normalidade despois do falecemento dun alumno de 13 anos. Todo apunta a que sufriu unha parada cardiorrespiratoria e os profesores foron os primeiros en atendelo grazas a un desfibrilador que mercara o centro.

O neno foi trasladado ao Hospital da Costa, onde faleceu pouco despois. O menor non formaba parte do programa de alertas do Sergas en que figuran os alumnos que saben que padecen algunha patoloxía.

Tres psicólogos do grupo de intervención en catástrofes e emerxencias do 112 desprazáronse ata Burela para dar apoio e asesoramento ao profesorado sobre como actuar neste casos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019

Máis sobre burela