CRTVG

Buscar

Conmoción e tristura pola morte da deportista

Publicado o 04/09/2019 21:10

Blanca Fernández Ochoa era moi querida en Cercedilla, o concello madrileño onde naceu e onde vivía practicamente toda a familia. Os veciños lamentan hoxe a perda dunha persoa que cualifican de amable e cariñosa.

Dende que se coñeceu a morte de Blanca Fernández Ochoa non deixan de producirse reaccións de condolencia e mensaxes de apoio aos familiares. E como era de agardar, moitas destas mensaxes chegan dende o mundo do deporte. A selección española de fútbol gardou un minuto de silencio no céspede do estadio Nacional de Bucarest. Os internacionais españois e os técnicos amosaron o seu pesar por esta perda antes de comezar o adestramento previo ao partido contra Romanía.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, enviou a través de Twitter unha mensaxe de apoio á familia de Blanca Fernández Ochoa. Líderes do Partido Popular e Ciudadanos e as formacións políticas Podemos e Vox utilizaron tamén a rede social para dárenlles o pésame aos achegados da esquiadora. Deportistas, como Pau Gasol, quixeron amosar do mesmo xeito o seu cariño por Blanca. Mesmo a Policía Nacional se sumou a este adeus multitudinario que medra nas redes a cada hora que pasa.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019